Cara de muller

Publicado el 14 de agosto de 2024, 13:28

Maria Ginestar (ella)

Que busco nas caras doutras mulleres? Busco unha confirmación; que son coma elas (ou que, finalmente, xa non o son).


Ningunha muller
ten a cara igual ca outra,
pero todas as caras de muller
teñen algunha cousa
miña.

Que busco nas caras doutras mulleres?

Busco unha confirmación;
que son coma elas
(ou que, finalmente, xa non o son).

Busco una ollos que me busquen;
unha chama
que prenda o meu desexo
co seu.

Pero quen busca lume
onde nada máis hai xeo
atopa antes os cubitos
desfeitos en bágoas
que a calor
dunha noite en compañía
(doutras mulleres)
(ou non-mulleres)
(ou case-mulleres)
(semi-mulleres).


(súper-mulleres)
(extra-mulleres)

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios