Nosa «cualidade do común» é saber que estamos acompanyades

Publicado el 24 de julio de 2024, 13:26

Maria Ginestar (ella)

 

Cantes medráchedes sen coñecer os vosos desexos ou pensando que o que sentiades ou desexabades escaba do que o resto sentía e desexaba? Facer comunidade implica a validación deste desexo: non estamos soes no mundo.

 


Fai un tempo, traballei nunhas xornadas onde diferentes profesionais e investigadores plantexaban os seus puntos de vista sobre as cuestións que se elixiran, todas elas relacionadas con asuntos LGTBI. Unha de elas, a quen preferiría non mencionar, fixo unha reflexión en torno ó concepto de “comunidade LGTBI” e por que este era incorrecto. Expuña que, realmente, non somos unha comunidade e, polo tanto, cando falamos nestes termos estamos errando. Hoxe, casi dous anos despois, non podo estar máis en desacordo.

 

Se busco na Academia Valenciana de la Llengua¹ a palabra “comunitat”², esta dame doce entradas. A priori, parecería que a que máis encaixa para definires á comunidade LGTBI é a segunda: «Grup social o conjunt de persones unides per un vincle territorial, ideològic, religiós o d’interessos»³. Pero a nosa comunidade non ten un territorio concreto, nin unha unidade de ideoloxías- por moito que algunhes queiran facernos crer o contrario-, nin practicamos unha mesma relixión; e os nosos intereses son tan diversos como diversas somos as persoas que a conformamos. Así, a definición coa que eu quedaría, de entre as doce, sería a primeira, «qualitat del comú»⁴, e agora explicarei por que.

 

Para unha persoa nada ó redor dos inicios do século XXI, estar rodeade de persoas LGTBI non debería ser nada fóra do “normal” (sexa o que sexa isto). Sei que falo dende o privilexio de criarme nun entorno onde estas existencias nunca foron un tabú, e que moites poderían correxirme nas miñas afirmacións; pero esta foi a miña realidade. Para moites, xoves LGTBI e, sobre todo, persoas cisheterosexuais, os dereitos LGTBI non parecen unha cousa pola que se tivera que loitar, pois nacimos ou crecimos nun país onde, na súa maioría, xa existían. Só agora, o auxe da extrema dereita, a homofobia e, sobre todo, a transfobia evidente, fan que nos plantexemos a grande LGTBIfobia e, de novo, sobre todo a transfobia á que institucións e sociedade someten as nosas identidades. Desta forma, vemos como fíora da nosa burbulla de realidade persoal, hai un país e un mundo o que non damos a basto para educar da noite á mañán. Por iso, é necesario reapropiarnos do concepto de “comunidade” e desta “cualidade do común”, facelas nosas, sentilas e protexernos entre todes.

 

Recoñecerse noutra parella de bibolleras que pasean da man pola rúa, na disidencia de xénero que esa persoa encarna ou na pulseira do arco da vella que alguén leva posta significa moito máis do que a priori pode parecer. Significa atopar un espazo seguro, unhe igual; significa non estar soe neste mundo. Cantes medráchedes sen coñecer os vosos desexos ou pensando que o que sentiades ou desexabades escaba do que o resto sentía e desexaba? Facer comunidade implica a validación deste desexo: non estamos soes no mundo.

Se penso en como quero falar do concepto de comunidade, aparéceme na cabeza un discurso que escoitei fai moitos anos, na serie de televisión noruega, SKAM ⁵, Isaak, un rapaz que está saíndo do armario como gai, conversa con Eskild, outro rapaz guai, afirmando non ser “coma el”, separándose desa xente que “leva medias e máscara” e que vai ás manifestacións do Orgullo. Eskild, facendo o papel de referente orgullosa e abertamente LGTBI que todes quixemos ver por todos os lados, pedíalle “ir con moito coidado” antes de compararse con esas persoas e crerse superior a quen, por loitar polo dereito a ser quen son, “elixiron recibir odio, acoso e foron golpeades”, xa que “prefiren morrer, que finxir ser alguén que non son”, amosando unha afouteza “que non todo o mundo pode entender”. Esta escena vina por primeira vez vai xa uns seis anos, e dende entón non puiden esquecela.

 

É precisamente este sentido de comunidade, se saber de onde vimos e grazas a quen, de saberse igual a persoas que, nun principio, parecen moi diferentes a nós, pero con quen compartimos un vínculo e un nexo en común. É este nexo o qué fai que respiremos tranquiles cando nos decantamos que ó noso arredor temos outras persoas LGTBI; o que gai que unha rapaza que acaba de saír do armario como trans non se aparte do teu lado nunha festa na que non coñece a ninguén, porque sabe que contigo está seguramente. É este nexo, a nosa “cualidade do común”, o que nos configura como comunidade e o que nos fai ocupar un mesmo espazo social. Xuntes, protexéndonos e habitando a nosa disidencia.

 

¹ Este texto foi inicialmente escrito en valenciano.

² Comunidade.

³ Grupo social ou conxunto de persoas unidas por un vínculo territorial, ideolóxico, religioso ou de intereses.

⁴ Cualidade do común.

⁵ Para quen non coñeza esta serie, supuxo unha novidade no audiovisual, pois se retransmitía por clips “en tempo real” e incluía redes sociais des protagonistes onde podías seguir o que facían en todo momento. Máis tarde fixeron un remake da serie en diferentes países, incluida España.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios