O meu ano queer

Publicado el 17 de diciembre de 2024, 13:31

Gonza M. Fontán

Este año nos hemos propuesto acercaros un resumen de lo que ha sido nuestro "año queer". Más bien, este es un resumen hecho para nosotras; uno de esos textos que nos sirven para autoexplorarnos y decir: qué fuerte tía en qué momento he escrito esto realmente.


Foi idea de Maria facer un destes resumos do ano que vai rematar pero na súa versión queer. Así que ten sentido que estas primeiras liñas de resumo vaian dirixidas a ela: este ano seguín mantendo conversas infinitas da súa man literal e figuradamente e naceu este proxecto que con tanto agarimo tentamos tirar para diante cada día, a pesar das inclemencias da vida, o cambio climatico e o capitalismo. Este proxecto éncheme de esperanza e bos momentos acompañada. Tamén ás veces estamos cansadas, porque pra pagar os teitos e a comida hai que facer outras cousas que apetecen menos e consumen máis.

Outro dos grandes cambios da miña vida foi o rexeitamento da monogamia, tras anos de dúbidas e de intentar interiorizar emocionalmente unha teoría que xa miraba acertada. Isto parece que non é queer per se, pero non hai modelos de vida alternativos que poidan levarse a cabo sen cuestionar a validez do sistema sexo-xénero, a heterosexualidade obligatoria e todo o que conleva. Ou iso penso eu, que non son ninguén para sentar cátedra sobre nada. Pero eu descubrín da man de amigas que outra vida é posible, é divertida, é tenra e non é tan difícil como como difícil é sentir constantemente que os teus sentimentos son erróneos e ti un monstro egoísta e sucio.

É difícil ás veces non sentirse un monstro, aínda que a metáfora estea manida e sexa pouco eficaz. Non se me ocorre outra máis orixinal. A oveja negra, o bicho raro, etcétera teñen o mesmo efecto e unha sonoridade similar. Escribín moito sobre isto: ser unha chica é difícil. Querer ser unha chica máis. Selo “de verdade”, imposible. Pra min, polo menos. Esta noción chegou a min a través dunha incomodidade crecente que non tiña que ver comigo, nin co meu corpo, nin con ningunha restricción que eu me estivese impoñendo. Gústame o meu estilo, síntome eu mesma nas partes do meu físico que podo decidir e intento ignorar o resto e atopo neste nome ambiguo un fogar cálido, un son que sona a que me falan a min. Pensei que esta incomodidad entraría en min e non entrou: toda a miña rabia é para fóra, para as súas definicións ríxidas, para as súas definicións a secas, para un mundo que me da, os máis dos días, moita preguiza. Pero neste mundo pasa tamén que intentando tumbarte te levantan o ánimo, que un erro casual é unha reafirmación.

Nos últimos meses da miña vida fixéronme misgendering en numerosísimas situacións. Algunhas tentando ser moi respetuosas, outras dende unha confusión absoluta. Persoas maiores e nenes pequenes sobre todo. Isto non é proba de nada. Eu non son un home nin quero selo e non me interesa apenas ningunha definición de muller, aínda que politicamente me sitúe aí con frecuencia. Este ano, este meu ano queer, sabéndoo un privilexio, aprendín a abrazar o logro conseguido: o desconcerto, a confusión, a proba última de que canto máis ríxida fagas unha categoría, máis difícil entrar nela.

Este ano aprendo a apreciar aínda máis aristas de min que as do lesbianismo, como unha figura xeométrica queer que non deixa de sumar vertices… Este ano entr no traballo co meu nome de mentira elixido por meus adres, pero entro lesbiana. Non falo de todas as miñas gyncanas e malabares co xénero, nin dos meus proxectos ou os discursos que vertebran miña vida. Pero entro lesbiana e coa cabeza alta. Este ano desarmaricei o entorno laboral e non vou facer a menos este avance persoal: síntoo pouca cousa, pero coñezo as estatísticas. Saía do traballo cando por primeira vez, neste ano queer que para nada é o primeiro, cando recibín un codazo pola rúa. . Entrei en casa dubidando do motivo. Outro dos meus logros é entrar en casa e atopar mans e voces que din que isto me pasa por lesbiana e que pronuncian en voz alta meu nome.

Este ano a palabra queer é orientación pero tamén identidade e eu abrazo atopar un lugar no espectro no que sentir que Gonza cabe.

Añadir comentario

Comentarios

Todavía no hay comentarios